Evento: Camelia, flor de Galicia

  • Exposición camelias
Camelia, flor de Galicia
venres, 3 abril, 2015 a sábado, 4 abril, 2015
Colexio de Fonseca,
Santiago de Compostela

Camelia, flor de Galicia

Terceira edición da mostra de máis de 200 variedades de camelia

Durante estas dúas xornadas, o claustro do Pazo de Fonseca acolle a terceira edición da exposición "Camelia, flor de Galicia", unha mostra que reúne máis de 200 variedades de flor de camelia procedentes das mellores coleccións privadas de Galicia. A espectacular beleza desta flor verase acrecentada cunha mostra de pezas e obxectos representativos da artesanía e cultura galega en xeral.

Na exposición participan máis de 20 viveiristas e coleccionistas de toda a comunidade.
A mostra, ademais, dá a coñecer a denominada Ruta da Camelia, unha viaxe a unha variedade de xardíns, públicos e privados, que poden ser visitados e que presentan o seu mellor aspecto no momento de floración dos camelios, que ten lugar nos meses de novembro a marzo.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n