Evento: Tanto Nos Ten

Tanto Nos Ten
luns, 26 decembro, 2022 - 21:00
Centro Cultura San Estevo de Negros,
Redondela

Tanto Nos Ten

Concerto de folk.

Tanto nos ten é un grupo de folk considerado o grupo revelación da música tradicional galega. Caracterízanse por combinar no seu repertorio música e letras da súa propia autoría con cancións populares, de escarnio, de humor, comprometidas co país. Ademais, a peculiar mestura entre pasodobres, muiñeiras, rumbas e outros ritmos bailables forma, o que esta agrupación galega denomina música tradicional furtiva.

Cada actuación desta agrupación pretende convertela nunha festa. A través da interacción e participación do público presente, fan de cada concerto unha experiencia diferente. Un grupo dinámico e divertido cuxas cancións están dotadas dun forte ton xocoso e irónico para describir situacións da vida cotiá. Sobre este grupo revelación da música galega podemos atopar información, traxectoria e concertos na súa páxina web.

Máis eventos de tipo Concerto

Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23
Habitación Vudú
7 de xuño
Arca da Noe
Moon Cresta
7 de xuño
Sala Guión