Evento: Santalices. O legado
Santalices. O legado
Santalices. O legado
Concerto didáctico de Verónica Santalices e Federico Welick
Verónica Santalices e Federico Welicki ofrécennos o concerto didáctico Faustino Santalices. O legado, dedicado ao gaiteiro e musicólogo de Bande. Faustino Santalices (Bande, 1877 – Madrid, 1960) foi un dos grandes nomes da nosa cultura; un home que dedicou a súa vida a investigar, construír e interpretar instrumentos e que lles devolveu á zanfona e á gaita un lugar central na música galega. No mundo da música tradi, o seu nome soa con respecto e admiración. Porén, entre o público xeral aínda non ocupa o lugar que merece. Do mesmo xeito que todos sabemos quen foron Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro, tamén deberiamos coñecer e recoñecer a Faustino Santalices.
Máis eventos do ciclo FalaRedes
21 de maio, 20:00
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela - Tui - Pontevedra
22 de maio, 16:00
Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla - Vedra - A Coruña
22 de maio, 17:30
Biblioteca - Melide - A Coruña
22 de maio, 18:00
Auditorio da Ramallosa - Teo - A Coruña