Evento: Camiños creativos

Camiños creativos
venres, 11 novembro, 2022 a domingo, 9 abril, 2023
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Camiños creativos

Camiñamos para descubrir, tanto o propio coma o alleo e, tamén, camiñamos para crear. A exposición Camiños creativos explora o vencello entre movemento e arte e afonda en como o desprazamento a pé é determin...

Camiñamos para descubrir, tanto o propio coma o alleo e, tamén, camiñamos para crear. A exposición Camiños creativos explora o vencello entre movemento e arte e afonda en como o desprazamento a pé é determinante no proceso creador. Na recta final deste Xacobeo, Camiños creativos é tamén o gran proxecto expositivo internacional co que o Goberno galego despide esta cita ata a súa vindeira edición.Comisariada pola galega Monserrat Pis Marcos, conservadora do Holburne Museum en Bath, a mostra posúe unha destacada dimensión internacional amosando un centenar de obras do século XVIII ata a actualidade, procedentes dunha trintena de museos e coleccións de oito países europeos. Así, o Museo Centro Gaiás exhibe obras de grandes mestres da pintura, como J. M. W. Turner, John Constable, Gustave Courbet, Camille Corot, Théodore Rousseau, Carlos de Haes, Joaquín Sorolla, ou os Macchiaioli italianos, converténdose nunha das poucas oportunidades de ver en Galicia obra de dous dos maiores expoñentes da pintura paisaxista británica.Camiños creativos tamén achega ao público galego unha destacada escolma da creación contemporánea máis actual, con nomes como os de David Hockney —un dos pintores vivos máis influentes na arte do s.XX— Jeppe Hein —artista danés coñecido polas súas instalacións sensoriais e interactivas—, Cristina Iglesias —unha das artistas españolas actuais con máis recoñecemento internacional, premio de Arquitectura da Royal Academy—, Jesús Soto —grande figura da arte latinoamericana do s. XX, con obras en coleccións como a do MoMA—, ou Julian Opie —un dos artistas internacionais máis mediáticos das últimas décadas, que ten traballado con bandas como U2 ou Blur—.
+ INFO

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n