Evento: IN VINO VERITAS (ET SANITAS)

  • in_vino_veritas_ii
  • in_vino_veritas_ii
IN VINO VERITAS (ET SANITAS)
mércores, 30 novembro, 2022 - 19:00
Museo do Viño de Galicia,
Ribadavia

IN VINO VERITAS (ET SANITAS)

Ciclo de conferencias

Dado o bo recibimento que vivimos o pasado mes no ciclo IN VINO VERITAS (ET SANITAS), este novembro levaremos a cabo a segunda parte da actividade. Continuando coa temática do ciclo, buscar un espazo para a reflexión e conversa sobre o sector do viño, temos o pracer de contar con Francisco J. Gil Fernández, xornalista e escritor relacionado ca enoloxía e gastronomía; con Santiago Rivas, enodivulgador e catador premiado; con Luis Vicente Elías Pastor, antropólogo experto nas paisaxes dos viños; e con Luís Paadín e Alejandro Paadín, autores da “Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia”.

DATAS:

10 de novembro ás 19:00 h.: “Os viños galegos nos grandes concursos internacionais. Unha década de éxitos crecentes” por Francisco Gil Fernández.

16 de novembro ás 19:00 h.: “Viños galegos, epicentro do consumo iniciado” por Santiago Rivas.

24 de novembro ás 19:00 h.: “A Prensa Mística. Unha representación sagrada do viño”, por Luis Vicente Elías Pastor.

30 de novembro ás 19:00 h.: “Por que o viño galego está de moda?: radiografía do 2022 e tendencias para o 2023” por Luis Paadín e Alejandro Paadín.

LUGAR:

Museo do Viño de Galicia (Lugar de Camporredondo s/n, Ribadavia).

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Vigo Global Summit 2023
27 de xuño
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Vigo Global Summit 2023
28 de xuño
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Compostela Ilustrada
2 de novembro a 5 de novembro
Varios espazos
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo