Evento: As ciencias básicas na vida cotiá

As ciencias básicas na vida cotiá
sábado, 12 novembro, 2022 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

As ciencias básicas na vida cotiá

Obradoiro a cargo de Ciencia Kids

As ciencias básicas xa evidenciaron a súa competencia para desvelar aspectos de interese para a Humanidade e seguirano facendo no futuro. O desenvolvemento da electrónica e o actual GPS non existirían sen a mecánica cuántica e a teoría da Relatividade de Einstein. Os teléfonos existen grazas á Ciencia de Materiais. Na produción e almacenamento das enerxías renovables, de novo Física, Química e Ciencia de Materiais terán o protagonismo.

A contaminación coa loita pola súa erradicación, polo menos a nivel de hixienización, son aspectos que dependen da Química denominada verde. En todo o relacionado co ADN, Matemática, Física e Química son os auténticos condutores que poden lograr deseñar tratamentos individualizados eficaces no campo da medicina. A nutrición sostible e loita contra as enfermidades non transmisibles dependen da Bioloxía fundamental…

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiro Zentagle
23 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiro de xogos de mesa infantís
23 de maio
Biblioteca Pública de Ourense
Máis aló dos lenzos
23 de maio
Museo de Belas Artes