Evento: Xogar, aprender, medrar
Xogar, aprender, medrar
Xogar, aprender, medrar
Xornadas de xogos de mesa en galego para promover o xogo en familia e a normalización da lingua.
Empréganse nelas os xogos artesanais da empresa Brazolinda, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, da expresión oral, da mitoloxía galega, do Camiño de Santiago, das adiviñas... favorecen a socialización ao tempo que fomentan, non só a aprendizaxe de contidos, senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito ou temática educativa.
Máis eventos do ciclo FalaRedes
9 de decembro, 17:00
Auditorio do Centro Ágora - A Coruña - A Coruña
12 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal - Val do Dubra - A Coruña
14 de decembro, 17:00
Centro Sociocultural José Domínguez Guizán - Begonte - Lugo
19 de decembro, 12:00
Salón de actos do Centro sociocultura - Ramirás - Ourense