Evento: Latexos
Latexos
sábado, 26 setembro, 2026 - 18:00
Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán,
O Barco de Valdeorras Latexos
Espectáculo familiar de K'Paparota Teatro
K'Paparota Teatro chega este outono por primeira vez ao FalaRedes cunha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas a partir de tres anos e ás súas familias. Trátase dun espectáculo en clave de humor, protagonizado por Patricia Cameán, en que, a través de obxectos de mesa e monicreques, os cativos e cativas da casa poden mergullarse na maxia das lendas galegas. Xentís, trabes soterradas e cabalos capaces de dar saltos incribles acompañaranos nunha viaxe chea de fantasía que os levará, se son quen de non perder o rumbo, a atoparen os marabillosos pitiños de ouro.
Outras datas
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Biblioteca Pública Municipal
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Salón de actos da Biblioteca Municipal Torrente Ballester
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Auditorio da Xunqueira
