Evento: Edu Valiña: Nieblas Gallegas
Edu Valiña: Nieblas Gallegas
A galería Patio de Luz inaugura un espazo multidisciplinar que conta con diversas áreas expositivas. Do 6 de outubro ao 6 de decembro poderás visitar NIEBLAS GALLEGAS, a obra recente do artista galego Edu Valiña, no soto do edificio.
Eduardo Valiña é un artista, historiador da arte e comisario galego que desenvolve a súa obra desde as marxes dende mediados dos anos noventa, centrándose na relación que convive entre a identidade propia, o medio rural e a paisaxe humana; dando lugar a diálogos e formas que permitan unha reflexión máis aló do establecido como "arte rural'', poñendo no centro ás persoas que habitan os territorios periféricos, sendo estes os principais motores do cambio cultural e identitario no mundo rural.