Evento: A Compostela conspiradora

A Compostela conspiradora
venres, 7 outubro, 2022 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A Compostela conspiradora

Roteiro a cargo do xornalista e profesor Manuel Gago

Santiago de Compostela non é só un apacible destino espiritual. Ao longo da súa historia, a cidade xogou un importante papel como actor político do poder… e do contrapoder. Este roteiro explora os escenarios nos que se desenvolveron as tramoias (máis ou menos) discretas coas que os poderosos, grupos de presión, sociedades secretas e revolucionarios de toda facción tentaron influír nos destinos deste reino (e doutros). Teremos de todo, como en botica: revoltas, invasións, asasinatos, complots, atentados, montaxes, conxuras e un amplo mostrario de maquiavelismos. Unha partida de xadrez polo poder que se leva xogando no taboleiro urbano de Compostela desde hai máis de mil anos.

Dirixido a público adulto. Máximo: 25 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Imaxe
Compostela no cambio de século: unha cronoloxía da modernidade
17 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Redescubrindo Ourense. Ourense removido
24 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Redescubrindo Ourense. Comercio en Ourense
25 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense