Evento: A cor das palabras: Arantza Santesteban

A cor das palabras: Arantza Santesteban
domingo, 2 outubro, 2022 - 11:30
Numax,
Santiago de Compostela

A cor das palabras: Arantza Santesteban

Encontro coa directora navarra.

O 4 de outubro de 2007, Arantza Santesteban é detida e levada a prisión onde permanece 918 noites pechada. Cos recordos fragmentados desta experiencia e a desubicación persoal e política experimentada ao recuperar a vida fóra dos muros da prisión, Santesteban crea 918 Gau, unha das obras máis complexas e profundas do cinema político contemporáneo no Estado español. Co gallo da estrea en salas, o venres 30 de setembro, de 918 Gau, en NUMAX temos preparado un amplo programa de actividades arredor do filme ao que concedemos o Premio Latexos do Festival Novos Cinemas de Pontevedra xunto a outras salas independentes en 2021.

O encontro A cor das palabras que Santesteban manterá o domingo 2 de outubro ás 11:30 co público da sala ten por título A dúbida como lugar político: o proceso de elaboración de 918 Gau e está encabezado por esta presentación que nos envía a propia directora: "As narrativas militantes herdadas do S.XX construíron a meirande parte dos seus relatos en termos absolutos e a miúdo dicotómicos abandonando a posibilidade de reivindicar como un espazo de gran potencial político conceptos como a dúbida, a ambigüidade ou a contradición. É posible abrazar un lugar político afrontando estes procesos? Pódese pensar a praxe política como un lugar que en ocasións atravesa a dúbida, a incerteza ou o desencanto? A través da análise do proceso de construción do filme 918 Gau abordaremos estas cuestións."

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal