Evento: Zona Zero
Zona Zero
Zona Zero
Concerto de punk.
A banda galega Zona Zero, caracterizada polos seus toques punk e escuros, dará un concerto en AlTraste rock bar de Vigo, para presentar o seu disco » A ira dos mansos». Dando vida a este disco, mestura das experiencias desta ecléctica banda, lograron a combinación perfecta de contundencia e melodía. As súas letras en castelán, cun resaibo escuro e unha actitude combativa, son as marcas de Zona Zero.
O seu estilo musical está influenciado por grupos como Hamlet, System of a Down e Metallica. Por iso, é habitual escoitar que lembran a bandas como Fear factory, Malfucktion, Rottin Christ, Napalm Death, e en ocasións a Black Metal Neverchrist ou Narco.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto



