Evento: Defensa de Ferrol: La batalla de Brión

Defensa de Ferrol: La batalla de Brión
venres, 1 abril, 2022 - 10:00
Castillo de San Felipe,
Ferrol

Defensa de Ferrol: La batalla de Brión

Exposición de diversos elementos.

Esta mostra inclúe diversos elementos gráficos e visuais para explicar e poñer en valor a través de seis bloques temáticos os acontecementos dos días 25 e 26 de agosto de 1800.

6 BLOQUES TEMÁTICOS

1. O contexto histórico da batalla, versa sobre o momento no que se produciu o ataque dos ingleses a territorio ferrolán, tendo en conta que o contorno xeopolítico a nivel internacional entre España, Francia e Inglaterra é ?fundamental? para entender as motivacións do ataque.

2. Os escenarios, como os montes de Brión e Doniños, o propio castelo, a situación da cidade e das súas murallas, e Arsenal, o porto e as baterías.

3. Os protagonistas, tanto do bando británico como do español, e repasa os personaxes máis importantes da loita, como John Borlase Warren, James Pulteney ou o Conde de Donadío.

4. Reconto gráfico das armas e do número de tropas coas que contaban os dous bandos e explica as súas características máis importantes.

5. Vestimentas e os uniformes dos exércitos

6. A batalla, cun percorrido que comeza o día que os ingleses se aproximaron a Ferrol. O fin é mostrar os aspectos máis relevantes que ocorreron no escenario físico, as manobras e as pasaxes máis importantes da batalla, para o que se habilitaron códigos QR en cada un dos paneis que facilitan a información tamén en castelán e inglés.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona