Evento: Nadal015 y Miranda

Nadal015 y Miranda
sábado, 2 abril, 2022 - 21:30
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

Nadal015 y Miranda

Concerto de rap.

En pouco tempo Guillermo Nadal (Valencia, 1998) conseguiu pasar de nome destacado da escena underground a unha das maiores esperanzas do rap nacional, cunha lexión de seguidores en redes e cancións con millóns de reproducións en plataformas dixitais. Temas como Streetshark, Demons ou Esquizofrenia abonaron o terreo para que Nadal015 debute co seu primeiro álbum: Ruína e gloria. Cunha voz rota única no panorama e un manexo das atmosferas escuras digno dun príncipe das tebras, Nadal é un talento único. Honestidade e enerxía desbordante, afastado do exercicio de estilo, áspero, obsesivo e trepidante. Nadal015 é rúa, é pel e é cerebro. É vulnerable pero golpea duro, sen descanso, máis forte e máis seguido que ninguén. Dá vertixe pensar no alto que vai voar o que desde xa é un dos grandes talentos.

  • NADAL015 - BANGER FEAT SAMIE-X (PROD. DJOKOBEATZ)
  • Miranda - SUNSET (prod. D3llano)

Máis eventos de tipo Concerto

Sandwina
22 de agosto
Ermida San Bartolomeu
THE KROWD - Trío
22 de agosto
Rúa dos Viños
Xira 25 aniversario
23 de agosto
Praza de San Sebastián
Concerto
24 de agosto
Paseo do Malecón