Evento: Picadiscos María Faltri

Picadiscos María Faltri
xoves, 18 xuño, 2026 - 12:00
Praza San Miguel de Reinante,
Barreiros

Picadiscos María Faltri

Un espectáculo musical para público familiar

María Faltri propón un espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo, e ao longo de 60 minutos, María brindará aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil en galego para que non deixen de cantar e bailar.

Con esta proposta María Faltri achega aos nenos e nenas un espazo festivo e de lecer no que a música en galego é o fío condutor. A proposta ten un carácter dinamizador do uso da lingua galega entre a infancia e as familias participantes porque promove a socialización en galego entre a propia infancia así como no ámbito familiar para conseguir, neste segundo caso, a transmisión interxeracional do idioma a través do xogo e a música. 

En ‘Picadiscos MariFaltri’ a participación do público forma parte do desenvolvemento do espectáculo. A partir da música e coa imprescindible axuda do público, interpretaranse de forma colectiva as cancións máis coñecidas da música infantil en galego e promoverase a súa aprendizaxe tanto por parte das nenas e nenos como das persoas adultas que as acompañen nas actuacións. 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

O censor de monstros
23 de xuño, 11:00
Praza da Constitución - San Cibrao das Viñas - Ourense
Charanga Bicoia
23 de xuño, 22:00
Cortegada - Sarreaus - Ourense
SubUmbra
23 de xuño, 22:00
Peirao de Arcade - Soutomaior - Pontevedra
Tanto Nos Ten
23 de xuño, 23:00
Peirao de Arcade - Soutomaior - Pontevedra