Evento: Os xoves de Capela: Momboi

Os xoves de Capela: Momboi
xoves, 12 maio, 2022 - 21:00
Capela do Torrente Ballester,
Ferrol

Os xoves de Capela: Momboi

Concerto de pop- rock.

Momboi nace no 2018 coa gravación do seu debut discográfico Ofrenda ( Bungalow Studios, 2019). Un primeiro EP que consta de cinco cancións compostas por Brais Sánchez (voz principal e guitarras). Momboi parte do seu gusto pola música de raíz latinoamericana. Pero non só iso, o seu Pop/Rock bebe da psicodelia ou mesmo da tradición galega ou do Flamenco, camiñando con mirada ampla e facendo unha mestura moi persoal. Momboi crea un universo imaxinativo nas súas letras que van desde o ancestral e o espiritual ao amor e as relacións humanas. Entre o 2019 e o 2020 presentan en directo Ofrenda nalgúns concertos significativos para a banda, entre eles o Festival 17 graos Ribeira Sacra, formando cartel xunto a Xoel López, Os Amigos dos Músicos ou ELLE, O Festival Vilablues 5.1 en Noia, con artistas Raimundo Amador, Adrián Costa ou Koko Jean & The Tonics, ou Música na Ribeira, unha iniciativa vinculada ao Camiño de Santiago a través de Política Lingüística.
Momboi é unha das bandas Finalistas do XII Certame Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais en 2020 organizado pola Deputación da Coruña.

  • MOMBOI ft. Belém Tajes - Teresiña (Videoclip)

Máis eventos de tipo Concerto

soulroll
Soul&Roll 
12 de agosto
Santamariña
Monoulious DOP
12 de agosto
Ermida de San Bartolomeu
Del jazzmín al jazz
12 de agosto
Auditorio Baldomero Cores
Os Piñeiros
12 de agosto
Praia fluvial de San Clodio