Evento: Monoulious DOP

Monoulious DOP
mércores, 12 agosto, 2026 - 21:30
Ermida de San Bartolomeu,
Santa Comba

Monoulious DOP

Concerto da xira Chándal Metal Tour

Monoulious DOP continúa co seu Chándal Metal Tour, para seguir percorrendo en 2026 os escenarios do país e parte do estranxeiro co seu humor e estilo inconfundible.

A xira arrincou co lanzamento de novos temas baixo a produción de Iago Pico (Tanxugueiras, Rozalén, Rayden…) cunha estética retroactual, influenciada por unha época de gran valor musical e persoal para a banda, os anos 2000.

“Levamos moitos anos nos escenarios do noso país e incluso en escenarios de países que non son o noso, como Suíza ou Alemaña, porque a nosa lingua non ten fronteiras, nin muros, nin paredes que a poidan deter (a non ser que estean insonorizadas) e dende fai tempo, todas as persoas que veñen aos nosos concertos saben que van levar unha boa dose de enerxía, baile, risas e festa.”

Monoulious DOP son, posiblemente, a banda da túa vida. Se aínda tes dúbidas, a que agardas vir escoitalos?

Máis eventos de tipo Concerto

A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María
Diamond Dogs
18 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5