Evento: Festa do San Brais de Bembrive

Festa do San Brais de Bembrive
sábado, 3 febreiro, 2024 - 00:00
Varios espazos,
Vigo

Festa do San Brais de Bembrive

É considerada como unha das festas máis populares de Galicia.

A Entidade Local Menor de Bembrive acolle desde hai máis de 350 anos a que está considerada como unha das festas máis populares de Galicia: o San Brais de Bembrive. Trátase dunha festividade de transmisión interxeracional na que, cada 3 de febreiro, se xuntan devotos do Santo, así como da música ou da gastronomía. Entre os elementos que definen esta festa destaca a romaría, o rito de poñer unha candea ao Santo contra os males da gorxa, gozar do viño nos furanchos ou comer a cachucha do porco. É de salientar tamén a tradición musical na zona con grupos de acordeóns, corais, tunas, folk, baile tradicional, pandeireteiras e gaitas.

Destacado:

Degustación de viño nos furanchos

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Artesanal en Movemento
30 de novembro a 11 de xaneiro
Campaña (Santa Cristina)
Belén Electrónico
20 de decembro a 31 de xaneiro
Begonte (San Pedro)
Danzas Ancestrais de San Sebastián
20 de xaneiro
Parroquia de Aldán (San Cibrán)