Evento: Bang 74

Bang 74
sábado, 14 maio, 2022 - 20:00
SalaSon,
Cangas

Bang 74

Concerto de punk rock.

O grupo nace coa idea de fusionar melodía e enerxía achegándose ao power pop, ao punk e ao high energy. Nunha entrevista concedida a Power Pop Action! Fran explica como ten lugar a súa formación e cal é o seu ideario: En principio era un proxecto de Rogelio e Cris, pero non tiñan sección rítmica e unha noite de esmorga propuxéronnos facer algo xuntos. Óscar e eu (Fran) non lle demos moita importancia, xa sabes, os típicos grupos que se forman un sábado pola noite, pero como seguían insistindo, quedamos para probar e pronto nos demos conta de que conectabamos bastante ben. En canto ao das influencias, Roge e Cris tiñan gustos máis pop, Óscar e eu sempre tocaramos en grupos punk-rock e rock and roll, pero non creo que o power pop e o high energy sexan estilos tan dispares, agora véñenme á cabeza os australianos The Monarchs, un grupo que nos gusta moito e que combinan con moita clase as melodías pop coas guitarras potentes e hardrockeras, e antes facíano Cheap Trick ou Redd Kross, entre outros. Entre as influencias podemos falar, ademais dos anteriormente citados, de The Replacements, Big Star, MC5, The Flamin Groovies, Ramones, Badfinger e un claro resaibo aussie.

Despois dunha serie de actuacións e participacións en festivais como o Felipop, A Fonográfica Xeral proponlles gravar o seu primeiro sinxelo, o homónimo Bang 74 (A Fonográfica Xeral, 2007).

  • Bang 74 - Along the way

Máis eventos de tipo Concerto

Conto-concerto
4 de xullo
Praza do Parque
Concerto
4 de xullo
Rúa dos Viños
O mellor e o peor dos 80 e 90
4 de xullo
Praza do Concello
Concerto
5 de xullo
A Plazuela