Evento: TIC, TAC, el héroe del tiempo

TIC, TAC, el héroe del tiempo
sábado, 4 xuño, 2022 - 18:00
Fórum Metropolitano,
A Coruña

TIC, TAC, el héroe del tiempo

Espectáculo infantil de Omar Álvarez

Cada mañá, Tic Tac, un antigo reloxo espertador, dá corda á súa entrañable colección de reloxos en cuxo interior se atesouran e resgardan momentos felices.

Repentinamente, verase ameazado ao recibir un tentador obsequio do ambicioso Wifi, un modernísimo teléfono, que detrás da súa inocente aparencia, oculta intereses perigosos que complicarán a súa existencia.

Tic Tac, el héroe del tiempo, é o novo espectáculo sen palabras, do titiritero Omar Álvarez ,quen, combina delicados monicreques creados a partir de obxectos cotiáns, con proxeccións realizadas en stop-motion ( técnica de animación fotográfica, cadro por cadro), propoñendo unha romántica aventura chea de emoción, humor e poesía visual, que cativará a públicos de todas as idades.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grande incendio
19 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
O grande incendio
20 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
As pitas baixo a choiva
21 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra