Evento: Pantallas de lo maravilloso

Pantallas de lo maravilloso
xoves, 20 xaneiro, 2022 - 20:30
Numax,
Santiago de Compostela

Pantallas de lo maravilloso

Presentación do ensaio de Luis E. Froiz Casal.

No libro Pantallas de lo maravilloso: un recorrido por el surrealismo en el cine centroeuropeo (1945-1990) o investigador Luis E. Froiz achéganos ao cinema realizado durante a etapa comunista de Polonia, a antiga Checoslovaquia, Hungría e as repúblicas iugoslavas de Croacia e Eslovenia dende unha óptica novidosa: a do espírito do surrealismo ideado por André Breton no ano 1924. A través da análise de máis de 180 títulos revisa os nexos entre autores de diversas latitudes coa intención de reivindicar un cinema apenas estudado e facernos ver que existen compoñentes en común no xeito de abordar o cinema en toda Centroeuropa. Na presentación, que terá lugar o xoves 20 de xaneiro ás 20:30h da tarde, o autor estará acompañado do cineasta Javi Camino e o docente e historiador José Luis Castro de Paz. 

Para asistir ao acto é preciso reservar praza no correo comunicacion@numax.org. Se non podes asistir ou quedas sen praza poderás ver a presentación desde a casa en streaming a través das nosas redes sociais en Facebook e Instagram Live (@numaxcoop).

Nado en Compostela en 1985, Luis E. Froiz Casal é Licenciado en Comunicación Audiovisual e Doutor en Comunicación e Información Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado artigos en revistas, webs e fanzines coma Fotocinema, A cuarta parede, 2000 Maníacos, El pájaro Burlón ou Matanza Caníbal e no libro Space Fiction: Visiones de los cósmico en la ciencia-ficción. Entre 2017 e 2019 dirixe a web cultural Mola! A subcultura en galego. Tamén destaca o seu traballo como director de curtametraxes (Un hombre está tumbado en el suelo, 2011; Lemniscata, 2015; ou Gólgota Compostela, 2020), ademais da longametraxe documental Escuros, Roncos e Compasados (2012).

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
26 de abril
Auditorio Afonso Eanes