Evento: Hamish Fulton: Walking East

Hamish Fulton: Walking East
venres, 29 outubro, 2021 a domingo, 20 febreiro, 2022
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Hamish Fulton: Walking East

Exposición do artista británico.

Hamish Fulton (Londres, 1946) comezou a ser coñecido na década dos sesenta como integrante dun grupo de artistas británicos que exploraban novas formas de entender a escultura no contexto da desmaterialización do obxecto artístico. En concreto, a práctica de Fulton caracterizábase polo seu desexo de establecer unha relación intensa coa natureza mediante o acto de camiñar, que converteu en centro da súa obra.

A súa exposición no CGAC, que se articula ao redor deses percorridos por distintos países ou zonas xeográficas, reúne unha selección de fotografías, debuxos e esculturas realizados durante (ou a partir de) as camiñadas, que constitúen o verdadeiro material do seu traballo. Propoñemos catro secciones a través da súa obra, unha centrada en proxectos realizados en diferentes países, outra en proxectos realizados en España e unha terceira na que se mostrará a maior parte da súa obra, que deu orixe a numerosas edicións. Por último, nunha cuarta sección presentarase o resultado do proxecto específico realizado en colaboración co Museo da Universidade de Navarra, no cal Hamish Fulton percorrerá a pé e en sentido contrario o Camiño Francés desde Fisterra a Hendaia, pasando por Pamplona e Roncesvalles.

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés