Evento: Obradoiro de radio, Twitch, Youtube e outras plataformas de streaming

Obradoiro de radio, Twitch, Youtube e outras plataformas de streaming
mércores, 20 outubro, 2021 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro de radio, Twitch, Youtube e outras plataformas de streaming

A cargo de Galicia Eventos e Ocio

Aprende a facer radio de forma divertida. Busca información, apréndea e transmítea a través dun programa onde ti serás protagonista! Neste obradoiro traballamos os elementos básicos como o son, montar unha radio streaming por internet e emitir en vías como Twitch, Facebook, Youtube... Coñece todos os recursos necesarios para montar na túa casa a túa propia radio utilizando as novas tecnoloxías.

A actividade durará ata as 20.30h.

No salón de actos. Dirixido a rapazas e rapaces de 10 a 17 anos cun máximo de 12 participantes. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos do ciclo Día da Biblioteca

Contiños na biblio, martes 21
21 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Redondo
23 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Concerto de Pava dúo
23 de outubro, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Obradoiro de encadernación belga
21 de outubro a 23 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña