Evento: Discovering Dinosaurs

Discovering Dinosaurs
sábado, 30 outubro, 2021 - 11:00 a 19:00
Pabellón La Salle,
Santiago de Compostela

Discovering Dinosaurs

Exposición de réplicas animatrónicas.

Discovering Dinosaurs é unha exposición interactiva composta por unha vintena de réplicas animatrónicas dos xigantes que habitaron a terra fai 200 millóns de anos. Unha viaxe ao pasado no que os nenos de todas as idades descubrirán de primeira man como eran, como vivían e ata como se movían estes xigantes prehistóricos. Ao comezo do percorrido, cada pequeno recibirá un cuestionario cheo de probas e preguntas que terán que completar durante a exposición. Unha aventura na procura do tesouro que os animará a aprender e estudar cada unha das especies expostas, así como desenterrar fósiles ou retratarse dentro dun ovo de dinosauro. A mostra pretende ensinar aos máis pequenos os misterios desta época histórica, ademais de contribuír a unha aprendizaxe significativa doutros contidos do currículum escolar.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona