Evento: Sabine Finkenauer - Fortaleza

Sabine Finkenauer - Fortaleza
xoves, 16 setembro, 2021 a mércores, 20 outubro, 2021
Trinta,
Santiago de Compostela

Sabine Finkenauer - Fortaleza

Exposición de arte contemporánea.

Sabine, amante do "rigorosamente imperfecto", circula imparable e segura polas figuras máis sinxelas deste mundo nunha festa de posibilidades e xogos sen fin.

Si, parece que xoga... pero está a facer visible o invisible ... dá ata vertixe! Cousa seria Sabine, lida coa dozura do infinito como quen trajina no seu xardín privado, acoutando con sumo coidado o inconmensurable.

Bailando os cadrados con cintura, os triángulos gorditos, as paralelas. É coma se vísemos a posibilidade dunhas simples paralelas por primeira vez. Só porque acaban en bodoque! Sabine, equilibrista sobre o fío dunha xeometría tenra -ninguén fai iso, Como se fai iso? Agora resulta que é única!

Na Natureza a liña recta non existe, cousa que ademais de impactante, pensada en frío, parece simplemente un erro. Pero non o é, e Sabine sácalle un partido bárbaro a esa imposibilidade, festéxaa, faille unhas torrijas, cólgalle grilandas.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura