Evento: Imaxes do viño en Galicia: etiquetas do viño galego

  • Etiquetas do viño
  • Etiquetas do viño
Imaxes do viño en Galicia: etiquetas do viño galego
venres, 3 setembro, 2021 a domingo, 31 decembro, 2023
Museo do Viño de Galicia,
Ribadavia

Imaxes do viño en Galicia: etiquetas do viño galego

Evolución histórica do deseño de marca dos viños galegos

Esta mostra supón unha homenaxe á etiqueta do viño, como un ben documental que nos aporta información relevante sobre o propio contido das botellas pero tamén sobre o público ao que ía destinado e incluso os gustos estéticos de cada momento.

A exposición nace dunha análise da evolución histórica do deseño de marca dos viños galegos durante os últimos cincuenta anos, que impulsa un programa de investigación con vocación de ampliación. Comisariada por Milena Cortés, abrangue máis duascentas botellas e etiquetas de viños das cinco denominacións de orixe galegas. Entre outras curiosidades que se poden contemplar na mostra, atopamos a colección completa de Amadeus, promovida pola Cooperativa do Ribeiro desde os anos 90, nas que artistas galegos esgrafiaron edicións limitadas de botellas coas súas obras; as botellas orixinais dos viños da Cooperativa de Monterrei, ou o da botella de Sameirás, un ribeiro que reproduce a imaxe do edificio da reitoral de Santo André, sede do Museo do Viño de Galicia.

Case seguindo co espírito das etiquetas dos viños, que acostuman a mudar co pasos dos anos, nesta exposición iranse cambiando as pezas expostas periodicamente co obxectivo de amosar a variedade da colección.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura