Evento: Biblioteca de Libros Fantásticos de Carmen Domech

Biblioteca de Libros Fantásticos de Carmen Domech
venres, 1 outubro, 2021 a venres, 29 outubro, 2021
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Biblioteca de Libros Fantásticos de Carmen Domech

Exposición enmarcada no Festival Internacional Galicreques 2021

A biblioteca cede o espazo a Títeres Cachirulo para a realización da exposición Biblioteca de Libros Fantásticos de Carmen Domech. 

A mostra recibe o nome "Biblioteca de Libros Fantásticos" porque emprega a fantasía para crear os elementos que a compoñen, intentando abrir unha porta ao fértil terreo da imaxinación para animar ás persoas visitantes a inventar as súas aventuras arredor destas obras e fantasear co que pode agardar tras os lombos dun libro do estante da súa biblioteca.

A exposición estará no vestíbulo do 1 ao 29 de outubro. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés