Evento: Aquí tou

Aquí tou
sábado, 16 outubro, 2021 - 20:00
Pazo da Cultura de Narón,
Narón

Aquí tou

Monólogo do cómico galego.

AQUÍ TOU é un monólogo cómico-existencial no que Touriñán aborda en clave de humor grandes preguntas da historia da humanidade:

"Descendemos todos do mono ou cada un descende dun animal distinto? Somos unha creación de Deus ou os deseñou unha empresa subcontratada por El? Somos seres racionais ou somos seres xenitais?"

Pero, sobre todo, en AQUÍ TOU, Touriñán tratará de desvelar durante o espectáculo a nai de todas as preguntas: "Estou neste preciso lugar e neste momento polas decisións que tomei ou foi a sorte, a casualidade e o destino os que me trouxeron ata aquí?"

Durante máis dunha hora, Touriñán tentará responder a esa pregunta, e para iso fará un repaso da vida dos seus antepasados e da súa propia vida, animando aos espectadores para facer o mesmo, para tentar entre todos despexar a incógnita:

" Si, AQUÍ TOU, pero...por que?"

Máis eventos de tipo Espectáculo

Con lingua propia
26 de setembro
Biblioteca de Galicia
Danza 3 | Xacarandaina
3 de outubro
Paseo marítimo de Moaña
Concerto PunkInfantil
12 de outubro
Centro Cultural Avenida