Evento: Noroeste: Cuarta Oeste - Roteiros de Ficción

Noroeste: Cuarta Oeste - Roteiros de Ficción
xoves, 29 xullo, 2021 a venres, 15 outubro, 2021
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Noroeste: Cuarta Oeste - Roteiros de Ficción

Exposición

Enmarcada no Proxecto Nortear

Noroeste cuarta Oeste: roteiros de ficción é unha singradura a través de temas e obras literarias, cinematográficas, televisivas ou escénicas da nosa contemporaneidade. En modo de navegación polo Atlántico percorremos a ficción galega en diálogo coa do Norte de Portugal. 

Os fragmentos narrativos, escénicos ou fílmicos que compoñen esta exposición e que imos recollendo a modo de crebas ao longo deste itinerario, deixan ver a solidez e coherencia dun universo creativo, que evidencia que a globalización dixitalizada do século XXI continúa a necesitar de historias de noso, con novas expresións, medios e soportes.

A literatura, os filmes, o teatro, a banda deseñada, os tráiler e book-tráiler ou os making of configuran este renovado mosaico de ficción. Xéneros, argumentos, personaxes, escenarios, que compoñen este mapa conceptual, que deixa entrever as continuidades dos nosos imaxinarios xeográficos e culturais, a un e ao outro lado do río Miño. 

Esta exposición organizase ao abeiro dun proxecto europeo POCTEP, denominado Nortear, que ten como fin abrir canles de coñecemento e difusión da cultura entre Galicia e a rexión Norte de Portugal.
Os participantes neste proxecto son, ademais da Secretaría Xeral de Cultura de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e o Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteriza, Galicia- Norte de Portugal (AECT-GNP), que é quen o lidera.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona