Evento: Atrévete a pensar

Atrévete a pensar
xoves, 22 xullo, 2021 - 20:00
Varios espazos,
Pontevedra

Atrévete a pensar

Serie de roteiros.

Estamos encantadas de anunciar que estreamos actividade! Este mes de xullo estaremos a desenvolver unha serie de roteiros que levan por nome "Atrévete a pensar". Neles descubriremos a cidade de Pontevedra dende un punto de vista crítico, curioso e divertido.

Abordaremos tres cuestións: o feminismo, os espazos verdes e "O Noso", o que nos identifica co que somos como pontevedresas e pontevedreses. Ao remate de cada roteiro abriremos o espazo "Ágora", onde plantexaremos diversas cuestións. Será o voso turno de palabra!

Queres mais info? Escríbenos e resolveremos todas as vosas dúbidas! paseapontevedra@gmail.com!

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Visitas guiadas para grupos na Escolma de escultura do Museo Arqueolóxico de Ourense
Visitas guiadas a grupos
14 de abril a 5 de setembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense