Evento: Novos abstractos e algo máis

Novos abstractos e algo máis
xoves, 1 abril, 2021 a xoves, 15 abril, 2021
Liceo de Ourense,
Ourense

Novos abstractos e algo máis

Exposición do artista Xesús Vázquez.

A mostra componse de 18 obras, de recente creación, que o artista nos presenta en dous bloques. O primeiro bloque ao que denomina Composicións Abstractas e o segundo con creacións do 2017 e 2018, ao que o autor nomeo como Abstractos e volcáns. Todas cun denominador común, a técnica: Acrílico sobre lenzo; e as medidas: 72 x 92 cm.

Xesús Vázquez, é Doutor en Medicina e Cirurxía pola USC, Especialista en Rehabilitación e Medicina Física por Complutense de Madrid, Especialista en Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica E Especialista Universitario en Xerontoloxía Clínica e Social pola USC E Diplomado en Medicina Manual pola Sorbona de París. Desenvolveu a súa vida profesional na Medicina desde diferentes ámbitos.

A paixón de Xesús Vázquez pola pintura nace durante a súa residencia na Paz de Madrid nas visitas a museos e as salas de arte, especialmente as da rúa Claudio Coello. En 2013 crea o grupo de pintura ?Catro médicos?, co que expuxo en 14 ocasións ao longo da xeografía galega. O ano pasado un cadro seu foi galardoado con mención honorífica e medalla de prata en Figueira dá Foz, Portugal.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona