Evento: Kafka, homenaxe ao ilustrador Manuel Ayaso

Kafka, homenaxe ao ilustrador Manuel Ayaso
sábado, 6 marzo, 2021 a mércores, 5 maio, 2021
Museo do Gravado de Artes de Ribeira,
Ribeira

Kafka, homenaxe ao ilustrador Manuel Ayaso

É un dos máis destacados debuxantes galegos, con gran proxección internacional e natural de Aguiño

No Museo do Gravado de Artes de Ribeira, de martes a sábado, está aberta a exposición 'Kafka' en homenaxe a Manuel Ayaso, un dos máis destacados debuxantes galegos, con gran proxección internacional e natural de Aguiño. Son 110 gravados inspirados na obra de Franz Kafka que demostran o papel que os museos teñen na difusión da nosa cultura.

Ao longo da súa extensa carreira, Ayaso fixo que os seus traballos se expuxesen en países como México, Italia ou diferentes partes dos Estados Unidos. A exposición complétase coa edición dun libro en edición limitada de 26 exemplares numerados e asinados polo artista con textos de Felipe Senén, Eva Veiga e Xabier L. Marqués. 

No acto de inauguración, ao que acudiu o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o responsable autonómico anunciou un reforzo do apoio da Xunta de Galicia á escola taller do Museo para complementar a formación do alumnado de Belas Artes e os estudosos do gravado e reforzar a súa Biblioteca Ilustrada.

Biblioteca Ilustrada
Cunha colección de 40.000 pezas de máis de 400 artistas, esta biblioteca inclúe xoias bibliográficas como unha colección de Don Quijote ilustrada por Dalí, o Romancero Gitano de Lorca ilustrado por Alberti, así como varias coleccións de Laxeiro ou Seoane, entre outras.

 

 

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona