Evento: Galicia Emerxe | Concerto de Bala

Galicia Emerxe | Concerto de Bala
sábado, 3 abril, 2021 - 10:30
Evento online - TV
, Santiago de Compostela

Galicia Emerxe | Concerto de Bala

Un dos 50 concertos de artistas e grupos musicais galegos, de moi diferentes estilos, gravados no marco do ciclo Galicia Emerxe

Os concertos do 'Galicia Emerxe' son de 40 minutos de duración. Comezaron a emitirse o 13 de xaneiro nas 'Noites Temáticas' da G2  e, cada mércores, repiten cita ás 23.30h. Os espectadores tamén teñen a oportunidade de ver estes concertos na primeira canle da TVG os sábados ao redor das 10.40h. Unha vez finalizada esta emisión, cada recital estará dispoñible na web da CRTVG e tamén poderá escoitarse en Radio Galega Música a partir das 22.00h os sábados.

As bandas e solistas que actúan en Galicia Emerxe, todos eles artistas galegos profesionais, de calquera estilo musical, con domicilio fiscal en Galicia, foron seleccionadas mediante convocatoria aberta por unha comisión independente, propostas por axencias ou representantes con dedicación profesional a través dá plataforma de xestión www.galescena.gal.

 

Todas as fotos, de Rocío Cibes, poden atoparse no Facebook da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Máis eventos do ciclo Galicia Emerxe

Galicia Emerxe | Concerto de Wöyza
21 de abril, 23:30
Evento online - TV
Galicia Emerxe | Concerto de Wöyza
24 de abril, 10:30
Evento online - TV