Evento: O barón Thyssen-Bornemisza e a pintura norteamericana I

O barón Thyssen-Bornemisza e a pintura norteamericana I
venres, 5 marzo, 2021 - 12:30
Evento online,
Santiago de Compostela

O barón Thyssen-Bornemisza e a pintura norteamericana I

Coloquios online moderados por unha educadora do museo sobre algunhas das obras do museo, así como da figura do Barón Thyssen e outras temáticas relacionadas.

Co fin de achegar a figura do barón como coleccionista, o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza de Madrir, organiza unha serie de charlas-coloquio de forma online, moderadas sempre por unha educadora do museo, que pretenden fomentar o debate ao redor dunha selección de dez obras de lacolección permanente do museo. Trataranse tamén outros temas transversais e comúns.

Todas as visitas son desenvolvidas polas educadoras e educadores do museo en español.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo
BibliotecArte: 'O paso da lagoa Estixia' de Joachim Patinir
15 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés