Evento: II Premio de oratoria "Filomena Dato"

II Premio de oratoria "Filomena Dato"
luns, 10 agosto, 2020 a xoves, 1 xullo, 2021
Varios espazos,
Arteixo

II Premio de oratoria "Filomena Dato"

O obxectivo é promover a expresividade e a expresión poética, narrativa e discurso en galego e o feminismo

En agosto do 2020, a Asociación Cultural Lisístrata convocou o II Premio de Oratoria "Filomena Dato", o primeiro que leva o nome da poeta, para alumnado dos diferentes ciclos do ensino e para centros públicos ou privados (Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato) de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética, narrativa e discurso– do idioma galego e o feminismo, ademáis de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do s. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século.

O tema deste ano será "mansplaining". No verán de 2020, convidaron á Real Academia Galega (RAG) a que inclúa este termo no seu diccionario.

O fin do prazo de inscrición, que se fará no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com, é o día 1/07/2021. Para máis información, pódense consultar aquí as bases.

O acto de entrega farase coincidir co domingo máis próximo ao 26 de xullo, aniversario do nacemento de Filomena (en 2021 será o 25 de xullo).

 

 

*O deseño e ilustración é obra do artista gráfico Iván del Río.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Club de lectura infantil
14 de outubro a 24 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
XVI Premio Novela Europea "Casino de Santiago"
22 de decembro a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense