Evento: Ingavi Somm 20/21- Curso Superior de Sumiller Profesional

Ingavi Somm 20/21- Curso Superior de Sumiller Profesional
martes, 1 setembro, 2020 a mércores, 30 xuño, 2021
Sala OFF,
Santiago de Compostela

Ingavi Somm 20/21- Curso Superior de Sumiller Profesional

Curso organizado polo Ingavi (Instituto Galego do Viño).

O Instituto Galego do Viño organiza a oitava edición do seu Curso Superior de Sumiller Profesional, que se desenvolve entre setembro de 2020 e xuño de 2021. As clases teñen lugar todos os luns, en horario de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00, no Espazo OFF da Cidade da Cultura de Galicia.

O Curso Superior de Sumiller Profesional é o único máster privado en Galicia orientado á formación de profesionais do sector do viño e un dos cursos para sumilleres máis completos de España, ofrecendo clases presenciais con Masters of Wine, Sommeliers de tres estrelas Michelin, doutores en enoloxía, bodegueiros de renome...; máis de 500 viños catados por ano e 5 viaxes formativos nacionais e internacionais a zonas vitivinícolas.

O curso ofrece unha formación profunda e completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumiller no sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico, con docentes do prestixio de Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas, Raúl Pérez, etc.

Este programa de especialización profesional aborda a xestión dos viños desde unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de mercadotecnia aplicadas ao viño.

Así mesmo, a través dun programa eminentemente práctico profunda nos coñecementos necesarios para que o alumnado asuma novos retos, tales como: a difusión da cultura do viño, o desenvolvemento do enoturismo como alicerce da nova economía rural, a procura de novos mercados nacionais e internacionais, ou a orientación á calidade e á innovación nos sectores vitivinícola e hostaleiro.

Máis eventos de tipo Obradoiro

O Museo e o Manga
18 de outubro
Museo de Belas Artes
Se foses escritora ...
18 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
Laboratorio do Retrato Imaxinado
18 de outubro
Museo de Belas Artes
Encontro coa autora Bea Lema e obradoiro de bordado
20 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal