Evento: Aula didáctica de cultura clásica

Aula didáctica de cultura clásica
luns, 22 xuño, 2026 a venres, 26 xuño, 2026
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Aula didáctica de cultura clásica

A Nube de Artear

Proxecto de educacion patrimonial e cultural que ofrece a realización  de actividades didácticas e talleres relacionados co mundo clásico, facendo fincapé nos vestixios de Lucus Augusti e arredores.

As actividades programadas desenvólvense cubrindo diferentes eixos temáticos: arqueologia, historia, arte,... tratando os distintos temas dun modo lúdico e divertido, utilizando unha metodoloxía diferente á empregada na educación formal.

A traés de xogos, dramatizacións, actividades lúdicas e talleres creativos, os máis pequenos coñecen e experimentan diferentes costumes e aspectos da vida dos habitantes da antiga Lucus Augusti, á vez que se divirten e entreteñen dun xeito diferente.

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: de 9:30 a 14:00 h. de luns a venres

Ludoteca

inscrición previa dende o luns 15 de xuño na sala infantil e no teléfono 982828329

 

 

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Con outras palabras: achégate á tradución
29 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Viaxando con lapis e papel
23 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés