Evento: IV Congreso de Circored

IV Congreso de Circored
luns, 23 novembro, 2020 a xoves, 26 novembro, 2020
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

IV Congreso de Circored

Congreso da Federación de Asociación de Profesionais do Circo de España.

A Cidade da Cultura acolle do 23 ó 26 de novembro o IV Congreso de CircoRed (Federación de Asociación de Profesionais do Circo de España), un espazo de reflexión e debate sobre a situación actual do Circo, que se celebrará en formato en liña case integramente. 

Este primeiro congreso CircoRed da 'era covid', procura concentrar esforzos de xeito colectivo para materializar propostas que lle permitan ao sector seguir medrando e avanzando. Coa pandemia como marco, o circo quere erguerse como un espazo para imaxinar e esta nova edición do Congreso de CircoRed é unha oportunidade de encontro e facer posible que o compartir fortaleza o sector fronte a un futuro tan incerto coma cheo de novas posibilidades. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal