Evento: Fanfarria Taquikardia

Fanfarria Taquikardia
sábado, 17 xuño, 2023 - 22:30
Rúas de Baiona,
Baiona

Fanfarria Taquikardia

Concerto dentro da Feira de Bretoña.

Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a xoldra. A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal compóñena trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-pratos. As influencias musicais son varias: comeza polas fanfarrias de Europa do Leste, os brass ensembles de Nova Orleáns, as charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras e a música tradicional galega. Os integrantes da banda proceden de varios grupos do panorama musical galego que tamén teñen montado boas festas: Cuchufellos, Os Bechuchos, Pelepau, Skandalo Gz, Pan de Capazo, Festicultores, Os Podridos, A Vaga Banda ou A Compañía do Ruído. Ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co brutal espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. Con eles pódese saber cando comeza a música e a festa, pero non cando remata.

  • Fanfarria Taquikardia - Gelem gelem / Ederlezi

Máis eventos de tipo Concerto

DOA
25 de xuño
Igrexa de San Domingos de Tui
Quiquiriquí
26 de xuño
Espazo Lorenzo Varela
As Historias de Bemol Pequeno
27 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés