Evento: Centenario da publicación da Revista Nós

Centenario da publicación da Revista Nós
luns, 26 outubro, 2020 a luns, 30 novembro, 2020
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Centenario da publicación da Revista Nós

Mostra bibliográfica

Conmemoramos o centenario do nacemento da revista Nós cunha mostra que recolle unha selección dos libros da colección da biblioteca escritos polos membros da Xeración Nós, acompañada dunha exposición gráfica e audiovisual dalgúns contidos relevantes da revista.

O 30 de outubro de 1920 arrincaba en Ourense a revista Nós. Boletín mensual da cultura galega, un dos proxectos culturais decisivos da Galicia contemporánea.
Entre 1920 e 1936, Nós enfiou a tradición cultural galega coa modernidade e conectou o país cos movementos intelectuais da Europa do momento, e foi o órgano de expresión dunha xeración que marcou, co seu legado, o xeito no que comprendemos Galicia.*

Pode visitarse no vestíbulo da biblioteca durante o horario de apertura.

 

 

 

 

*[http://consellodacultura.gal/especiais/nos/olladas-sobre-nos.php]

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés