Evento: Crónica dunha heterosexual insatisfeita

Crónica dunha heterosexual insatisfeita
sábado, 25 marzo, 2023 - 20:30
Auditorio Municipal de Cedeira,
Cedeira

Crónica dunha heterosexual insatisfeita

Espectáculo a cargo de Verdeveras Expresións Artísticas

Unha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre case por accidente que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada. Decide entón, concretar unha das súas fantasías e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento.

Esta será en principio, a reconstrución dunha viaxe cara a dentro, para reoñecer cales son os seus desexos e as súas motivacións nunha etapa de balances vitais; pero logo verémola transformarse, como unha eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e se bota a voar, espléndida, por primeira vez.

Para rir, para reflexionar, para gozar da vida e do teatro!!

Elenco: Mª Ángles Iglesias

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Coa cabeza nas nubes
18 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
As formas do amor
As formas do amor
19 de agosto, 21:00
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
Meu santo
22 de agosto, 22:00
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña
Royal
25 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo