Evento: La casa de los ingleses

La casa de los ingleses
martes, 18 agosto, 2020 - 22:30
Café Teatro,
Santiago de Compostela

La casa de los ingleses

Concerto de indie pop.

A Casa dos ingleses é unha banda de pop. De cancións sinxelas e directas. Unha coidada estética tanto nas melodías como no escenario e unha pegada certeira caracterizan a este grupo de mozos galegos que pretenden facerse un oco na apertada escena nacional a base de traballo  duro e boas cancións.

Desde 2012, ano en que deciden saír a tocar en directo, foron moitos e moi variados os concertos que ofreceron pola xeografía galega, resultando gañadores en varios concursos de nivel local e autonómico, como o «Liberty Music Play», o «Fest 2015», ou os «15 Birlos» en 2016.

En 2015 publican o seu primeiro traballo, «Punto de partida», un EP autoeditado co que se dan a coñecer, que xa mostra o gusto da banda polas melodías efectivas e os medios tempos pegadizos,  e do que rapidamente esgotan a súa primeira edición.
O 20 de xuño de 2018 ve a luz o seu primeiro LP, «A Terra é plana», tamén autoeditado e que actualmente se atopan presentando.

  • Felix Baumgartner (acústico) · La Casa de los ingleses

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Ara Malikian
9 de maio
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Os Carunchos - Unha gorxa chea de paxaros
10 de maio
Auditorio Lois Tobío