Evento: Cult-movies 2020: La Belle et La Bête

Cult-movies 2020: La Belle et La Bête
mércores, 15 xullo, 2020 - 22:30
Forum Metropolitano,
A Coruña

Cult-movies 2020: La Belle et La Bête

Proxección audiovisual coloquio.

O ciclo volve por un ano ás proxeccións en dixital pero mantén o formato de película coloquio, ao que acudirán un variadísimo mostrario da escena cultural coruñesa, como o gañador de dous Goya ao cinema de animación Alberto Vázquez, a novamente nomeada aos premios Eisner (os Óscar do cómic) Emma Ríos, a poeta Lucía Aldao, membro do proxecto artístico Aldaolado, ou o crítico cultural Jorge Linheira, entre outros.

"Bela, a menor de tres irmás, vive unha vida infeliz ata que un día o seu pai pérdese no bosque e colle unha rosa que crece xunto a un castelo: por mor dese acto, un terrible castigo cae sobre el e a súa familia". Adaptación do conto clásico que o escritor, pintor e cineasta Jean Cocteau converte nunha obra mestra poética e surrealista cuxas imaxes forman xa parte da historia do cinema.

Convidado: ALBERTO VÁZQUEZ (Director de animación e ilustrador)

Perfil biográfico: Alberto Vázquez. Director de animación, Ilustrador e debuxante de cómics. Os seus libros e ilustracións foron publicados en todo o mundo e as súas películas de animación gañaron 3 Goya e máis de 100 premios internacionais nos festivais máis prestixiosos.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Los venerables todos
16 de setembro
Filmoteca de Galicia
Rapa
16 de setembro
Filmoteca de Galicia
Rapa
17 de setembro
Filmoteca de Galicia
Nosotros no envejeceremos juntos
17 de setembro
Filmoteca de Galicia