Evento: Xénese e proxecto da Cidade da Cultura

Xénese e proxecto da Cidade da Cultura
mércores, 1 xullo, 2020 a domingo, 5 xullo, 2020
Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Xénese e proxecto da Cidade da Cultura

Visitas comentadas á Cidade da Cultura.

Partindo da visita á exposición permanente das maquetas de todos os proxectos que se presentaron en 1999 ao Concurso Internacional de Arquictura para realizar a Cidade da Cultura de Galicia, coñeceremos os principais fitos da historia do complexo. Debullaremos as propostas presentadas por destacados equipos de arquitectura nacionais e internacionais como Ricardo Bofill, Manuel Gallego Jorreto, Annette Gigon e Mike Guyer, Steve Holl, Rem Koolhaas, Daniel Libeskind, Juan Navarro Baldeweg, Jean Nouvel, Dominique Perrault e César Portela. Coñeceremos tamén os detalles do proxecto de obra deseñado por Eisenman Architects atendendo, escollido pola súa singularidade tanto conceptual como plástica, e a súa excepcional sintonía co lugar.

Continuaremos a visita nos espazos exteriores para gozar, non só da monumentalidade do complexo, senón coñecer tamén os últimos avances nas obras do Gaiás, rematando o percorrido no miradoiro que sobre o Bosque de Galicia nos ofrece unha descoñecida e espectacular panorámica da cidade de Compostela.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Redescubrindo Ourense. Ourense removido
24 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Redescubrindo Ourense. Comercio en Ourense
25 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Imaxe
Coñece Compostela: Espazos de Asorey en Compostela
25 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal