Evento: Os espazos naturais do Gaiás

Os espazos naturais do Gaiás
venres, 3 xullo, 2020 a martes, 29 setembro, 2020
Espazos exteriores da Cidade da Cultura
, Santiago de Compostela

Os espazos naturais do Gaiás

Visitas comentadas á Cidade da Cultura.

Coñece coa axuda dos nosos guías a xénese, evolución e funcións que se desenvolven na Cidade da Cultura, descubre a espectacular arquitectura de Peter Eisenman, mergúllate nos espazos naturais que rodean o complexo e a fauna e flora que os habita. A través da nosa oferta de visitas comentadas poderás achegarte de xeito ameno e divulgativo a esta singular infraestrutura e gozar de vistas panorámicas de Santiago desde o cumio do monte Gaiás.

Percorrido polas zonas verdes do Monte Gaiás para descubrir dun xeito exprés das máis de 40 Ha de zonas verdes que rodean o complexo arquitectónico, coñecer a súa fauna e a súa flora e deternos nos principais aspectos medioambientais asociados a estes espazos naturais ou recuperados.

Saíndo do Museo Centro Gaiás, achegarémonos brevemente ao Xardín Literario para a continuación percorrer parte dos sendeiros do Bosque de Galicia, o gran pulmón verde do monte, con once mil árbores de especies autóctonas (carballos, castiñeiros, bidueiros, espiños, pradairos, abeleiras, érbedos, freixos, faias…), que incrementa a biodiversidade da zona e mellora o metabolismo ambiental de Santiago, ao tempo que contribúe a integrar a Cidade da Cultura en Compostela.

Coñeceremos o 'horto solar' do complexo e as zonas de lecer infantil do Bosque de Galicia e o Parque da Balea, para rematar o percorrido a carón do Xardín do Teatro, con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, un auditorio ao aire libre, estanques e áreas de lecer para gozar do deporte e da natureza.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas PAAR Campo Lameiro
PAAR CAMPO LAMEIRO | VISITAS GUIADAS RUPESTRES
1 de xaneiro a 31 de decembro
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro
Santa Eulalia de Bóveda
26 de maio a 31 de decembro
Monumento Santa Eulalia de Bóveda
Visitas guiadas no Museo Massó
Visitas guiadas
1 de xullo a 30 de decembro
Museo Massó
Visitas guiadas no Museo Massó
Visitas guiadas
9 de xullo a 29 de agosto
Museo Massó