Evento: Pementa na casa: Accións e xogos-Fluxus
Pementa na casa: Accións e xogos-Fluxus
Alo!! Nestes días decidimos que Pementa na casa non ten porque estar só na cociña, así que aquí iremos subindo propostas que poidades levar a cabo no fogar sen moito problema (ou con todo o que vos queirades liar!). Pementiños, maiores e familas, venbidos a esta pequena viaxe
Baixo o nome de Fluxus, traballaban un grupo de artistas na época dos sesenta e setenta. Buscaban a fusión de todas as artes: a música, a poesía, o cine, a pintura... Querían que a arte fluíse coa vida, non querían que a arte fose un cadro na parede dun museo que non podemos nin tocar. As obras debían estar nas revistas, nos concertos, nos xogos do noso día a día. Así nos deixan ver o divertido e o absurdo que hai agochado na arte. Todo pode converterse nun mundo do revés, onde xs maiores xogan como xs pequenxs e os concertos son en silencio
Máis eventos de tipo Outras actividades