Evento: Vai de Letras.

Vai de Letras.
mércores, 13 maio, 2020 a xoves, 28 maio, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Vai de Letras.

Campaña de promoción do consumo de produtos do mar.

A Consellería do Mar, pola súa banda, realizará dentro da campaña Vai de Peixe, de promoción do consumo de produtos do mar entre os millennials galegos, un concurso de relatos curtos en galego baixo o nome de Vai de Letras. Esta acción está dirixida ás mozas e mozos de entre 18 e 35 residentes en Galicia e para participar nela deberán completar este texto de inicio -“Queremos a vida como queremos o peixe, sen espiñas, pero...”- cunha proposta de non máis de 150 palabras, a maiores do texto de inicio, ao que poderán acceder a través das redes sociais e da web de Vai de Peixe.

Os relatos deberán estar escritos en lingua galega e xirar arredor da temática desta campaña. O prazo de participación comezará ás 13,00 horas do vindeiro 13 de maio e rematará o día 28. Na selección do gañador valorarase a orixinalidade, calidade lingüística e de redacción e a aproximación á temática. A persoa premiada recibirá un lote de libros e un teléfono móbil intelixente. Todos os detalles do concurso poden consultarse nas bases legais de Vai de Letras, no web https://vaidepeixe.xunta.gal .

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
XVI Premio Atlante de Gravado
13 de setembro a 13 de novembro
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
LecturArte
16 de setembro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións