Evento: Talleres online do CGAC para familias: “Próxima paradaaaaa! Arxentina”
Talleres online do CGAC para familias: “Próxima paradaaaaa! Arxentina”
Este ano, o CGAC continúa a súa viaxe polo mundo indagando sobre diferentes culturas e xeitos de facer. Pulsa o botón de parada na Arxentina para explorar o traballo de cinco artistas con miradas, intereses e recursos artísticos que dan pistas para experimentar e crear xogando co espazo, a percepción e as cores, a proporción, a distorsión, a ambientación e a ilusión sensorial.
O mes de maio dedícano a Liliana Porter.
"Un día +. Liliana Porter"
Sábado 23 de maio de 11.00 a 13.00 h. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos
Domingo 24 de maio de 11.00 a 13.00 h. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos
(No caso de ter na casa nenos e nenas con diferentes tramos de idade poderán participar xuntos nun só taller)
Prazo de inscrición: do 13 ao 22 de maio
A mirada de Liliana Porter detense no cotián, xoga a crear pequenos universos con figuriñas e obxectos atopados. Nos seus traballos a realidade mestúrase coa ficción dando lugar a escenarios poéticos e teatrais.
Nestas sesións, os propios xoguetes dos participantes serán os protagonistas de novas aventuras, experimentaremos coa pequena e grande escala, recreando diferentes situacións con espazos e obxectos domésticos.
INSCRICIÓN: escribir a cgac.educacion@xunta.gal indicando os nomes dos participantes, as súas idades, un teléfono de contacto e un enderezo electrónico.
As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación.
PRAZAS: 10 familias
#aculturasegue
Máis eventos de tipo Obradoiro