Evento: Talleres online do CGAC para familias: “Próxima paradaaaaa! Arxentina”

  • Talleres online para familias 2020. “Próxima paradaaaaa! Arxentina”
Talleres online do CGAC para familias: “Próxima paradaaaaa! Arxentina”
sábado, 23 maio, 2020 a domingo, 24 maio, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Talleres online do CGAC para familias: “Próxima paradaaaaa! Arxentina”

Actividade dirixida a familias que queiran descubrir o amplo universo da arte contemporánea ou profundar no seu coñecemento

Este ano, o CGAC continúa a súa viaxe polo mundo indagando sobre diferentes culturas e xeitos de facer. Pulsa o botón de parada na Arxentina para explorar o traballo de cinco artistas con miradas, intereses e recursos artísticos que dan pistas para experimentar e crear xogando co espazo, a percepción e as cores, a proporción, a distorsión, a ambientación e a ilusión sensorial.

O mes de maio dedícano a Liliana Porter.

 

"Un día +. Liliana Porter"

Sábado 23 de maio de 11.00 a 13.00 h. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo 24 de maio de 11.00 a 13.00 h​. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

(No caso de ter na casa nenos e nenas con diferentes​ tramos de idade poderán participar xuntos nun só taller)

Prazo de inscrición: do 13 ao 22 de maio

A mirada de Liliana Porter detense no cotián, xoga a crear pequenos universos con figuriñas e obxectos atopados. Nos seus traballos a realidade mestúrase coa ficción dando lugar a escenarios poéticos e teatrais. 

Nestas sesións, os  propios xoguetes dos participantes serán os protagonistas de novas aventuras, experimentaremos coa pequena e grande escala, recreando diferentes situacións con espazos e obxectos domésticos. 

 

INSCRICIÓN: escribir a cgac.educacion@xunta.gal indicando os nomes dos participantes, as súas idades, un teléfono de contacto e un enderezo electrónico.

As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación. 

PRAZAS: 10 familias

 

 

#aculturasegue

 

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

PINTURA SOBRE SEDA
19 de abril
Museo de Belas Artes
Escola de escribas
19 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Escape Room: Os misterios da biblioteca
19 de abril
Biblioteca Pública Municipal Miguel González Garcés
Obradoiro de creación de libros pai-pai
19 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola