Evento: A COVID19: O virus e o seu potencial epidémico

  • Universidade de Santiago de Compostela
A COVID19: O virus e o seu potencial epidémico
xoves, 23 abril, 2020 - 18:00
Online,
Santiago de Compostela

A COVID19: O virus e o seu potencial epidémico

Online: directo

Esta sesión enmárcase no ciclo de conferencias sobre a COVID-19 organizado dende o Campus da Cidadanía da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta ocasión, Mª Isabel Bandín Matos e Carlos Pereira Dopazo, do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, impartirán esta conferencia.

A asistencia a esta videoconferencia farase a través de MS Teams. Ao remate da mesma abrirase unha quenda de preguntas a través da sección de preguntas e respostas desta plataforma.

A USC organiza este ciclo de conferencias sobre a COVID-19 coa finalidade de aproximarnos a esta nova realidade dende unha perspectiva interdisciplinaria. Este ciclo contará cunha serie de expertos e expertas que nos ofrecerán a súa visión e análise crítica da situación actual, presentando as principais claves para entender este novo contexto que estamos a vivir. Alén diso, estas intervencións abordarán tamén o efecto que esta crise pode ter no futuro, aludindo aos distintos escenarios que se abren e ás súas consecuencias en diversos eidos: educación, cultura, economía, sistema de saúde, relacións sociais, política, bioseguridade, etc.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde